Comarcas Vigo al minuto

Redondela presenta o programa para conmemorar o Día LGTBIQ+ r

A Casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao iluminaranse coas cores do arco da vella

Redondela presenta o programa para conmemorar o Día LGTBIQ+ r

O luns, véspera do Día LGTBIQ+ a Casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao iluminaranse coas cores do arco da vella

O Concello de Redondela vén de presentar o programa de actos que, con motivo da conmemoración do Día LGTBIQ+, se desenvolverán entre o luns 27 de xuño e o xoves 30 de xuño. Un programa elaborado pola Concellería de Igualdade en colaboración coas asociacións Pvlse de Vigo e Irisar de Redondela.

Luns,27

As actividades comezarán a véspera do Día LGTBIQ+, ás 12 horas terá lugar no multiúsos da Xunqueira a inauguración da exposición “Coñece LGTBIQ+” e, xa polo serán a Casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao –que o fixo o pasado ano por primeira vez– tinguiranse coas cores do arco da vella nun acto simbólico que expresa o compromiso de Redondela coa diversidade.

Martes, 28, Día do Orgullo LGTBIQ+

martes 28, Día do Orgullo LGTBIQ+, ás 19 horas terá lugar a lectura do manifesto para, deseguido, proceder a inauguración do Mural da Diversidade na traseira do Multiúsos da Xunqueira.

A xornada rematará co concerto do grupo Girl’s Gang na pista da Xunqueira ás 20 horas que contará coa colaboración de Carolina Smith.

Xoves, 30

O día 30 de xuño ás 18 horas, e dirixido aos e ás máis pequenas, a Biblioteca Xela Arias de Chapela terá unha actividade de contacontos que se desenvolverá baixo o título Voando libres.

Este programa responde, en palabras da alcaldesa Digna Rivas, “a inequívoca intención do Goberno redondelán de seguir apostando por iniciativas que dean visibilidade a diversidade dentro da normalidade social“.

También te puede interesar