Cultura Vigo al minuto

Xa podes reservar a entrada para as visitas teatralizadas e caracterizadas ao Castelo de Soutomaior

Hai so 1.250 prazas e serán dende o 1 de xullo ao 30 de agosto

Tiro de saída ás visitas teatralizadas e caracterizadas ao Castelo de Soutomaior coa posta a venda este venres, 17 de xuño, en www.castelodesoutomaior.com das 1.250 prazas que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para este verán.

Do 1 de xullo ao 30 de agosto

As visitas, que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, ofertan, tal e como detallou a presidenta, Carmela Silva, un total de 800 prazas para as caracterizadas, dirixidas ao público adulto, e outras 450 para as teatralizadas, destinadas ás familias.

“Animo a que a cidadanía corra, que non o deixe para o último minuto, que se esgotan sempre moi rápido”, asegurou a presidenta.

Visitas caracterizadas

As visitas caracterizadas, a cargo da empresa Aguias, consisten nun percorrido polo Castelo de Soutomaior e os seus xardíns da man de tres anfitrioas “de excepción”: María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria.

As tres mulleres, “perfectamente caracterizadas para a ocasión, darán a benvida ás persoas participantes ás que achegarán a un dos parques botánicos máis fermosos de Galicia” indicou Carmela Silva.

Estas visitas terán lugar en xullo o día 1, con dous pases ás 18 e 19.30 horas, e os días 8, 15, 22 e 29 con catro pases cada día ás 11, 12.30, 19 e 19.30 horas.

En agosto serán os días 5, 19 e 26 con dous pases ás 11 e 12.30 horas e os días 2, 9, 23 e 30 tamén con dous pases ás 18 e 19.30 horas. En cada un dos pases poderán participar un máximo de 25 persoas.

Visitas teatralizadas

En canto ás visitas teatralizadas, a cargo de Troula Animación, desenvolveranse en forma de conto. Con “Érase unha vez…”, detallou a presidenta, “diferentes personaxes estreitamente relacionados coa vida no castelo como a bufona burlona (encargada de dirixir, dinamizar e organizar a visita), Servando Trobador (encargado da parte musical), Irma (xefa de cociña e ama de chaves do Castelo) e Simón Durmiñón (cabaleiro do Castelo) as familias achegaranse ao castelo de xeito moi divertido”.

Terán lugar en xullo os días 4, 11, 18 e 25 con dous pases ás 17 e 18.30 horas e en agosto o 1, 8, 15, 22 e 29 tamén con dous pases ás 17 e 18.30 horas.

Ao igual que no caso das visitas caracterizadas, nas teatralizadas poderán participar 25 persoas en cada un dos pases.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.