RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

O concello da Guarda precisa Socorristas para garantir a seguridade nas praias

Os interesados/as deben anotarse na Oficina de Emprego

O concello da Guarda precisa Socorristas para garantir a seguridade nas praias

O Concello da Guarda precisa persoal para cubrir as prazas de socorristas de cara á inminente tempada estival e garantir deste xeito a seguridade nos areais da Praia fluvial do Muíño, na desembocadura do Río Miño, e na Praia marítima de Area Grande, ámbalas dúas con Bandeira Azul.

Anotadas na oficina de emprego

Todas as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as prazas de socorristas na Guarda, que conten coa titulación esixida para o desempeño do traballo, deberán anotarse nas oficinas do Servizo Galego de Emprego de Tui á maior brevidade posible.

También te puede interesar