Destacados Vigo al minuto

A Guía, «excluida» do itinerario do ‘Bus Turístico’ de Vigo

Segundo denuncia a Asociación Veciñal de Teis

A Guía, "excluída" do itinerario do 'Bus Turístico' de Vigo

A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse o pasado mes de abril, por escrito, á Concellaría de Turismo, solicitando que o autobús turístico inclúa no itinerario o parque da Guía.

Hai bastantes anos debido aos problemas de aceso desde a rúa Doutor Corbal, o autobús turístico deixou subir á Guía, pero, sinalan dende a asociación veciñal, «a realidade e que desde fai tempo a rúa Doutor Corbal é de sentido único e abriuse a rúa Pedro Alvarado, polo que o aceso ao parque mellorou moito».

O Concello leva seis anos ‘estudando’ se o bus sube hasta A Guía

Desde o ano 2016, a asociación de veciños vén de dirixirse por escrito a esta Concellaría, solicitando que o autobús turístico chegase á Guía e daquela recibiu un escrito desta concellaría, indicando que «estudarían» esta proposta, «logo de seis anos descoñecemos as conclusións dese estudo».

Este luns anunciábase a posta en marcha do autobús turístico e «comprobamos que se exclúe un ano máis o parque da Guía», algo que os veciños non entenden, «sendo un dos grandes parques de Vigo, que conta cunha grande carballeira, no mesmo casco urbano da cidade».

Por en valor o parque

A Asociación Veciñal leva anos denunciando o que consideran que é un exemplo de «deixadez» do Goberno local en relación con este parque no que hai «árbores invasoras -como eucaliptos eacacias- que impiden gozar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, tampouco se potencia, nin se amplía a carballeira, e non se crea un parque infantil»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.