Destacados Vigo al minuto

Confirmada a condena á CRTVG por vulnerar o dereito á liberdade de expresión dun dos seus xornalistas

Terá que indemnizar ao noso compañeiro Carlos Jiménez

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de rexeitar o recurso da Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) contra a sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Compostela que condenara á corporación o pasado decembro por vulnerar o dereito á tutela xudicial e á liberdade de expresión do xornalista Carlos Jiménez.

Venres Negros

Así, o Tribunal Superior confirma a resolución xudicial de decembro do ano pasado, que impuña á CRTVG o pagamento de 6.251€ en concepto de indemnización de danos e prexuízos, por considerar que a apertura dun expediente disciplinario a Jiménez estaba directamente relacionada coa implicación do xornalista nos chamados «Venres negros«, convocados pola Platafoma Defende a Galegagalardoada co Premio José Couso no ano 2019, contra a manipulación informativa e o desmantelamento dos medios públicos.

Contra a sentenza cabe a imposición dun recurso de casación nun prazo de dez días, unha medida que, segundo algunhas fontes, estaría estudando a dirección da CRTVG. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.