Comarcas

Nigrán ofrece este domingo en Patos o seu ‘I Encontro de Ioga’, aberto ao público

A cargo do gran mestre internacional Madhana

Nigrán ofrece este domingo en Patos o seu 'I Encontro de Ioga', aberto ao público

O Concello de Nigrán ofrecerá este domingo a partir das 17:30 horas na Praia de Patos o seu ‘I Encontro de Ioga’ aberto ao público a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, o introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo.

Clase gratuita

Este célebre yogui, acompañado dalgúns dos mellores profesores do país, realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse ás 17:30 horas no areal cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.

Ioga e Meditación

Esta actividade encádrase na convivencia sobre ‘Ioga e Meditación’ que manterán no Centro de Tempo Libre de Patos desde o venres ao domingo un total de 50 persoas vidas de toda España e baixo a dirección do Centro Sananda cos mellores profesores do país.

«Consideramos que era unha magnífica oportunidade para o Concello organizar esta xornada aproveitando a presencia dos mellores maestros de Ioga nun enclave tan espectacular como é Patos, a combinación resulta marabillosa», explica o alcalde, Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.