Comarcas Vigo al minuto

O ferri entre A Guarda e Caminha deixa de funcionar todo o ano

A avaría do Porto da Pasaxe non estará arranxada antes de 2023

Pola avaría no embarcadoiro da Pasaxe

Os graves problemas que ten o peirao de atraque do ferri na marxe galega fan inviables as viaxes do barco que cubre o servizo de trasporte de pasaxeiros e vehículos entre A Guarda e Caminha.

Portos de Galicia

Na reunión mantida á petición do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, coa presidenta de portos de Galicia, Susana Lenguas, á que tamén acudiu o presidente da cámara de Caminha, Miguel Alves, a responsable das instalacións de atraque do ferri trasladou aos mandatarios municipais a grave situación actual do embarcadoiro e a complexidade da reparación que hai que acometer.

«Sen noticias fiables»

A preocupación dos responsables dos concellos da Guarda e de Caminha pola comunicación entre as dúas vilas, é «a ausencia de noticias fiables en relación a reparación da avaría no peirao», sinalan dende o Condello da Guarda. Por iso concertouse unha xuntanza entre os alcaldes e Portos de Galicia.

As inquedanzas dos alcaldes foron compartidas pola presidenta deste organismo que confirmou que, despois da valoración do estado actual do peirao, estase a elaborar un estudo técnico que servirá de base para a redacción do proxecto de rehabilitación.

Unha reparación de 300.000 euros

Susana Lenguas foi cautelosa en canto a contía e prazos para executar a reparación. En calquera caso avanzou que a obra podería rondar os 300.000 € e en canto a execución habería que pensar en 2023.

Hai que ter en conta que esta situación de falta de comunicación entre as dúas vilas do esteiro do miño xa non é de agora. Primeiro foi o peche de fronteiras con motivo da pandemia do COVID-19 e dende o verán de 2021 ven motivada pola avaría do peirao.

Prexudicial para as dúas vilas fronteirizas

Segundo o alcalde da Guarda esta falla de comunicación con Camiña resulta moi prexudicial para o mantemento das relacións sociais e económicas entre as dúas vilas raianas. Tanto para a veciñanza das dúas localidades, como para o transito de turistas e visitantes e para o paso dos peregrinos que seguen o camiño portugués da Costa.

Por este motivo, Antonio Lomba, co apoio dos alcaldes e alcaldesas do Camiño Portugués da Costa e o sector privado vinculado á ruta xacobea, viña demandando da Xunta de Galicia un transporte alternativo ao ferri mentres este non funcionaba.

Este transporte alternativo, centrado principalmente en resolver os problemas dos peregrinos, empezou a funcionar a pasada Semana Santa e está permitindo que se recupere a continuidade do camiño a Santiago.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.