Destacados Vigo al minuto

Denuncian a «matanza» de centos de rás no parque vigués da Riouxa, en Teis

Ecoloxistas en Acción lamenta o «nulo respecto do Concello pola vida animal»

Ecoloxistas en Acción denuncia o «nulo respecto pola vida animal que ten o departamento de Parques e Xardíns do concello de Vigo»

Persoal municipal procedeu estes días a baleirar os estanques do parque de A Riouxa, en Teis, e limpialos con auga a presión e lixivia. Na operación de mantemento non tiveron en conta os centos de anfibios que habitaban nos estanques, os cales morreron desprovistos do seu hábitat

Igual que o ano pasado

A organización ecoloxista sinala que non é a primeira vez que ocurre isto. Un ano atrás, tamén provocou a indignación da veciñanza de Navia cando operarios do concello deixaron morrer moreas de peixes ao baleirar os estanques de dito barrio.

‘Extinción masiva’

A Riouxa era un dos últimos parques onde se podía escoitar o croar das rás, xa que foron desaparendo dos estanques dos parques da cidade por este xeito agresivo de realizar o mantemento mediante baleirado e limpeza con lixivia e auga a presión. 

Ecoloxistas en Acción alerta de que os anfibios están sufrindo unha extinción masiva, acentuada pola perda de ecosistemas. Por iso os estanques e puntos de auga deberían preservarse e identificar coma zonas de especial importancia para a biodiversidade na cidade.

Impacto sobre o hábitat

A organización ecoloxista demanda a concelllo de Vigo un cambio drástico no seu proceder. A vida tanto de árbores como de animais merece un respecto. Subliñan que non se pode acometer ningunha actuación sen antes considerar o seu impacto sobre o hábitat e adoptar así medidas necesarias para preservar a vida que nel habita.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.