Cultura Vigo al minuto

A Xunta abre este luns a inscrición para o Programa de Voluntariado Ambiental

A iniciativa desenvolverase as fins de semanas desde o 29 de abril ata ao 11 de setembro

A Xunta abre este luns, día 18 de abril, o prazo para inscribirse no Programa de voluntariado ambiental interxeracional en 12 espazos naturais de Galicia.

Actividade gratuita

Nesta segunda edición da iniciativa, posta en marcha polas Consellerías de Política Social e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, increméntanse as prazas nun 18% ata acadar as 270 logo do éxito acadado por esta proposta na súa primeira edición.

Serán un total de 20 actuacións que se levarán a cabo todas as fins de semana desde o 29 de abril ata o 11 de setembro. A primeira cita será na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel Xeoparque Montañas do Courel.

Espazos naturais

Están programadas accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas; nos parques naturais do Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, e Fragas do Eume; e nas reservas da biosfera Terras do Miño, na do Río Eo, Oscos e Terras do Burón, na das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e na Transfronteiriza do Xurés-Gêres, na Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, e na reserva Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

Ademais, haberá actuacións no Parque Natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Os escenarios serán, polo tanto, 12 espazos naturais que compoñen o rico patrimonio natural de Galicia.

Limpeza, sinalización ou eliminación de especies invasoras

En cada un deles o traballo dos participantes centrarase na realización de tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou catalogación de fauna e flora. Ademais, o programa procura fomentar a cooperación e o traballo desinteresado desde unha perspectiva interxeracional.

Inscrición

As persoas interesadas en inscribirse nesta segunda edición do Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional poden facelo a través do espazo habilitado na páxina web www.voluntariado.gal a partir das 12.00 horas.

Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son ter cumprido os 18 anos, residir en Galicia e cumprimentar o formulario que se atopa na páxina web. A selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.

A Xunta cubre os gastos de desprazamento (autobús desde Santiago de Compostela e/ou barco), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas.

Cada participante debe levar os útiles de aseo persoal e toalla, así como a vestimenta axeitada para as actividades ao aire libre.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.