Galicia Vigo al minuto

Empeza a funcionar en Ponteareas a nova Unidade de Saúde Mental do Condado

Dende este venres, en quenda de tarde, cun psiquiatra

O PP rexeita unha proposta para garantir por lei unha consulta co médico de familia en 48 horas

O Servizo Galego de Saúde pon en marcha este venres a nova Unidade de Saúde Mental ambulatoria no Centro de saúde de Ponteareas, que atenderá á poboación adulta da comarca de O Condado. En total, dará cobertura a 50.000 persoas dos concellos de Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Crecente, Arbo, As Neves e  Salvaterra de Miño.    

Cinco profesionais

A nova Unidade conta cun equipo de 5 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicólogo, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 administrativo.

Polo de agora, mentres se executa a reforma no andar -1 do actual centro de saúde, o servizo inicia o seu funcionamento con 1 psiquiatra e en quenda de tarde.

Evitar desprazamentos a Vigo

Dende agora, a poboación desta comarca xa que non terán que desprazase a Vigo a recibir este tipo de atención, «dispoñendo neste centro dun equipo de profesionais especializados e dunha completa carteira de servizos para ofrecer unhas prestacións coas máximas garantías«, sinalan dende o SERGAS.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.