RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

O persoal de Elecnor, contrata de R ,convoca 7 días máis de folga para esixir a subrogación

Os traballadores mobilizáronse este venres en Vigo

O persoal de Elecnor, contrata de R ,convoca 7 días máis de folga para esixir a subrogación


O persoal de Elecnor, empresa encargada dos traballos de instalación e mantemento da compañía R Cable, decidiu convocar 7 días máis de folga para esixir a subrogación por parte da nova compañía encargada do servizo.


Os traballadores mobilizáronse hoxe diante das instalacións de R en Vigo coincidindo coa última xornada de paro das cinco que secundaron de xeito total dende o pasado luns 28.

Protestas ante a sede de R en Vigo

Neste tempo desenvolveron concentracións diarias, primeiro diante das instalacións da empresa no polígono do
Rebullón de Mos, ao comezo da folga, e logo diante de R na rúa García Barbón. Estas protestas que continuarán tamén
durante os novos sete días de paro convocados, e que terán lugar ás portas de R en Vigo de 10:30 a 12:00 horas.

40 persoas quedarán sen traballo

Dende a CIG-Industria denuncian que os empregados de Elecnor quedarán na rúa no caso de que a nova
subcontrata, a empresa valenciana Obremo, non asuma os seus contratos, algo que si fixo na provincia de
Ourense.

Isto foi posíbel porque o convenio colectivo provincial do Siderometal ourensán contempla a
subrogación entre empresas privadas, algo que non figura no convenio de Pontevedra.

Deste xeito, cando remate a concesión os arredor de 40 traballadores de Elecnor quedarán sen emprego se R Cable non lle reclama á nova subcontrata que os subrogue.

También te puede interesar