RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Marea de Vigo que a posible quebra de Vitrasa abre o camiño á municipalización do transporte público

O mellor sería o «abandono da concesionaria»

Marea de Vigo que a posible quebra de Vitrasa abre o camiño á municipalización do transporte público

O Grupo municipal da Marea de Vigo lembra que a nosa cidade «é un dos poucos grandes concellos no conxunto do Estado que non ten ningunha empresa pública que sirva para recoller as concesións a medida que van finalizando, ou quebrando, se é este o caso»

Para Rubén Pérez, voceiro do Grupo, «este tipo de empresa pública sí que o ten o Concello de Santiago, sendo este o organismo que remunicipalizou servizos como o da grua ou o da ORA durante o mandato de Compostela Aberta».

Abandono da concesionaria

No caso de Vigo, ao non existir organismo autónomo cuxa función social sexa esta e ao non existir empresa pública, «a remunicipalización debería ter coma orixe o abandono da concesionaria para que a indemnización non fose excesivamente alta» sinala Pérez.

O Concello ten cartos para rescatar a concesión

Non obstante, Marea de Vigo lembra que «Vigo ten os suficientes recursos económicos e a suficiente capacidade financieira – contando ademais cos fondos provenientes de europa e as transferencias do Estado – para poder rescatar esta concesión e integrar ao cadro de persoal de Vitrasa dentro da relación dos postos de traballo do Concello» matiza o voceiro.

«Máis que unha ameaza, unha oportunidade»

Para a Marea de Vigo, o anuncio de posible quebra de Vitrasa debe supoñer, máis que unha ameaza, unha oportunidade para poder recuperar o servizo do transporte urbano para o público, logo dunga «concesión que foi privatizada fai moitos anos e dun xeito torticeiro» apunta Rubén Pérez.

«As ameazas son permanentes e sempre utilizando a posibilidade de recortes de dereitos no seu persoal, xa é hora de que a administración local tome isto como unha oportunidade para sacar ao Grupo Avanza da concesión e volver a ter unha empresa 100% pública» conclúe.

También te puede interesar