Cultura Vigo al minuto

Tanxugueiras, hoxe en Vigo na ‘Gala Provincial do Turismo’

Esta organizada pola Deputación de Pontevedra

Tanxugueiras, hoxe en Vigo na 'Gala Provincial do Turismo'

As compoñentes de Tanxugueiras serán as protagonistas, este xoves, da ‘Gala Provincial do Turismo‘, organizada pola Deputación de Pontevedra. O grupo actuará no Auditorio Mar de Vigo, esta noite, xunto con Pablo Méndez Performance, nun acto presentado por Jazmín Abuin.

Volven o 1 de abril

Tanxugueiras voltarán á cidade, tamén ao mesmo escenario, o vindeiro 1 de abril...pero as entradas están xa esgotadas dende hai moitísimos días. Na súa actuación sorprnederán coa nova sonoridade do grupo e que incorpora a interpretación, ao vivo, dos novos sinxelos do grupo, como Terra, Figa, Telo ou Midas.

Estilo cinematográfico

A presidenta da Deputación asegurou que será unha posta en escena «impresionante», ao máis puro estilo cinematográfico, cunha pantalla curva de 17 metros de longo, centro dun espectáculo audiovisual «cheo de sorpresas».

Love Rías Baixas

Alfombra vermella e photocall

Carmela Silva subliñou que «temos preparada a mellor gala dos últimos anos» na que non faltará a alfombra vermella, e o photocall, na que co eslogan ‘Love Rias Baixas’, nomearase á Ruta do Viño como nova Embaixadora das Rías Baixas‘.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.