Destacados Vigo al minuto

A Xunta anuncia a construción dun novo instituto en Navia

O alcalde di que iso é mentira

A Xunta anuncia a construción dun novo instituto en Navia

A Xunta construirá o novo instituto en Navia. Ese é o compromiso concelleiro de Educación, Román Rodríguez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Os dous estiveron na parcela que ocupará o centro, ao que cualificaron de «esencial» para Vigo. Neste sentido, o concelleiro de Educación subliñou que «temos vontade, temos compromiso, temos orzamento e temos proxecto”,
e, apuntou, “por fin temos o instrumento urbanístico para facelo”.

Os terreos son da Xunta

Rodríguez explicou que “agora estamos nun novo escenario que nos permite este impulso”, posto que desde xaneiro deste ano a titularidade dos terreos é do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Así, para axilizar os trámites, a Xunta trasladoulle ao Concello unha proposta de colaboración entre ambos para materializar a cesión dos terreos e garantir os permisos municipais necesarios para a construción.

…pero facelo depende do Concello

Esta proposta está condicionada á aprobación, por parte do Concello, dos proxectos de urbanización da ampliación de San Paio de Navia, onde se atopa a parcela do IES.

Neste senso, Román Rodríguez confía na “colaboración” das autoridades municipais e comprometeuse a que, unha vez formalizado o acordo, “procederemos á licitación inmediata da redacción do proxecto de novo IES”.

Este xoves a Xunta aprobará a licitación do primeiro dos polígonos

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda anunciou que este xoves o Consello da Xunta aprobará a licitación da urbanización do primeiro dos tres polígonos nos que se divide a ampliación, por un importe
de preto de 11,5 millóns de euros.

Ángeles Vázquez salientou que o Concello de Vigo aínda ten que aprobar os proxectos de todas as fases da ampliación, remitidos pola Xunta hai xa case un ano. Este trámite municipal é imprescindible para poder adxudicar as obras de urbanización e as de construción das vivendas previstas, así como para que o IGVS poida convocar o concurso para adxudicar o solo dispoñible neste ámbito.

700 alumnos e máis de 8.000 m2

De acordo co informe técnico, o novo instituto terá capacidade para arredor duns 700 alumnos e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m2 construídos sobre unha parcela de 12.576 m2.

Nel ubicaranse un total de 20 aulas (16 para Educación Secundaria Obrigatoria e 4 para Bacharelato), e disporá de aulas especializadas (música, tecnoloxía, plástica e debuxo), de laboratorios, aulas multifuncionais (espazos maker), espazo foro, biblioteca, ximnasio, vestiarios e aseos.

Ademais disporá dunha área de Administración (despachos, arquivo, conserxería e reprografía, departamentos didácticos…), de servizos comúns (cafetaría, almacén, vestíbulo e taquillas) e espazos exteriores (patio cuberto, pista polideportiva, espazos cubertos, aparcamento de bicicletas e estacionamentos).

O alcalde asegura que os conselleiros «ríense de Vigo»

Case á mesma hora á que os conselleiros estaban en Navia, o alcalde aseguraba en rolda de prensa que viñan a «facerse unha foto» e a «rirse de Vigo».

Abel Caballero amosouse «farto das trolas da Xunta» e afirmou que o Goberno de Feijóo non ia a facer o instituto. Neste punto, lembrou que hai dous anos propuxera á Xunta cederlle os terreos para o centro a cambio do seu compromiso por escrito de construir o instituto. Unha idea que reiterou ao presidente o pasado día 3. «Sen ter resposta».

Non hai vivendas suficientes en Navia

Caballero tamén asegurou que o ‘Plan Navia’ da Xunta abrangue un número de vivendas moi baixo, xonsiderando que hai unhas 6.000 solicitudes, e acusou a Feijóo de «querer aforrar cartos a costa de Vigo» e de enviar aos seus concelleiros á cidade para «dicir mentiras»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.