Comarcas Vigo al minuto

A Deputación destina 1,5 millóns máis a 9 concellos da provincia

A Estrada, Valga, Caldas, Cerdedo-Cotobade, Vilaboa, Meaño, Salvaterra, Barro e Campo Lameiro

A Deputación destina 1,5 millóns máis a 9 concellos da provincia

A Deputación ven de aprobar novas subvencións por 1,5 millóns de euros para nove municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos.

Trátase de sete achegas da liña 1 de Investimentos coas que os concellos da Estrada, Valga, Caldas de Reis e Cerdedo-Cotobade realizarán actuacións de seguridade viaria, instalarán mobiliario ou contarán con nova maquinaria.

Ademais, con estes investimentos a Deputación financia tamén achegas municipais para as actuacións do Plan ReacPon en Vilaboa, Meaño e Salvaterra de Miño. Na mesma liña tamén foron aprobadas dúas achegas da liña 3 de Emprego coas que Barro e Campo Lameiro contratarán a 22 persoas.

Comarca do Deza

No marco da liña 1, para a comarca do Deza foi aprobada unha subvención de 260.139€ para que A Estrada conte con novo mobiliario urbano (bancos, papeleiras, xardineiras…) en varias rúas nas que o concello está a facer
intervencións de humanización.

O Salnés

Na comarca do Salnés Valga contará con 139.527€ para sufragar a achega municipal do convenio coa Deputación para a mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil en 450 metros da EP- 8501 Valga-Martores. Deste xeito a Deputación financia o total da obra que ascende a 463.292€.

Tamén foron aprobados os 90.080€ da parte que lle corresponde a Meaño do plan ReacPon para a mellora da eficiencia enerxética e acondicionamento do seu pavillón de deportes e cuxo orzamento, financiado totalmente pola institución provincial, é de 450.400€.

Pontevedra

Na comarca de Pontevedra para Caldas de Reis a Xunta de Goberno deu luz verde a 126.708€ para subministración de máquina minicargadora con accesorios para limpeza e mantemento coa que se mellorará a eficacia e eficiencia dos traballos de mantemento das estradas rurais.

Para Cerdedo-Cotobade foron aprobados 107.963€ para financiar unha liña media tensión aérea para alimentación do balneario do San Xusto e para Vilaboa 531.974€ para a achega municipal do ReacPon que servirán para ampliar a Casa do Concello, cun orzamento de 993.834€ sufragado integramente pola Deputación de Pontevedra.

Condado-Paradanta

Ademais, á comarca do Condado-Paradanta chegarán 88.867€ para que Salvaterra aporte a achega municipal do ReacPon para humanizar a rúa Marqués de Viana, cuxo orzamento ascende a 586.867€ financiados integramente pola Deputación.

Ademais, ao abeiro da liña 3 Barro contará con 98.332 euros para contratar a 12 persoas e Campo Lameiro con outros 84.374€ para facer o mesmo con 10 traballadoras/es. Entre os perfís que demandan estes concellos atópanse
condutores/as, albaneis ou peóns e peoas de limpeza ou forestais.

También te puede interesar