RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

O persoal de Ribera Povisa irá á folga se non melloran as súas condicións de traballo

Os traballadores levan 11 anos co soldo conxelado

O persoal de Ribera Povisa irá á folga se non melloran as súas condicións de traballo

O comité de empresa do hospital Ribera Povisa de Vigo anunciou que promoverá unha convocatoria de
folga
se a dirección non achega pronto unha proposta que garanta un convenio colectivo digno.


11 anos co pacto laboral conxelado

Este xoves, os traballadores continuaron co calendario de mobilizacións para reclamar unha mellora das
condicións de traballo tras 11 anos co pacto laboral conxelado. Pola tarde, levaron a cabo un corte de tráfico na Gran
Vía
, para a continuación marchar a pé até o centro médico privado.

«Con Ribera Salud a situación non mudou nada»

A representación sindical compareceu en rolda de prensa para informar sobro estado das negociacións. A presidenta do comité, Chus Neira, da CIG, lembrou que coa anterior dirección de Povisa “levabamos 11 anos co convenio conxelado, con conflitos constantes por despidos e reducións de xornada; «dende que hai dous anos Ribera Salud se fixo co hospital a situación non mudou practicamente nada”, denunciou.

Suba salarial, xornada laboral e promoción interna

Neira explicou que en xaneiro de 2021 intentaron pactar a renovación do convenio, pero tras 14 xuntanzas as partes non foron quen de chegar a un acordo a respecto da suba salarial, a xornada laboral e a promoción interna.

Flexibilidade de xornada

“A empresa quere cambiar tamén unha serie de artigos do actual convenio para reducir días de convenio e implantar a flexibilidade da xornada, para o que pretenden entregar unhas quendas anuais que serían só orientativas» e que «poden ser modificadas en calquera momento por parte da dirección”.

Variar o número de horas que fai cada traballador

A empresa quere tamén poder variar o número de horas que fai cada empregado, “establecendo por
exemplo unha semana de 20 horas e despois obrigar a recuperar esas horas ao longo do ano, o que ataca
directamente o dereito a conciliar a vida laboral e familiar”.

Suba dun 1 a un 2%

En canto á suba salarial, a presidenta do comité sinalou que Povisa ofrece un 1% para 2021; un 1,5% para
2022; e un 2% para 2023
, incremento que cualifica de “ridículo”, tendo en conta que a última actualización de
soldos na empresa remóntase a 2010
e que o IPC do ano pasado atinxiu o 6,5%.

Por iso a representación sindical entende que a súa proposta non é “nada do outro mundo”: un 3% para 2021; un 3% para 2022; e un 3,5% para 2023, “algo perfectamente asumíbel”.

«Actitude inmovilista»

Os sindicatos afirman que a dirección de Povisa mantén unha actitude inmobilista e negocia unicamente a partir do anteproxecto de convenio, sen ter en conta a proposta da parte social.

De xornadas de paros a folga indefinida

Neste senso, o Comité advirte de que no caso de que a compañía non achegue pronto unha proposta que satisfaga as reclamacións do cadro de persoal, apostarán por convocar xornadas de paros ou mesmo unha folga indefinida, ao tempo que continuarán coas mobilizacións.

Non ten en conta o esforzo durante a pandemia

Finalmente, lamentan que a empresa non teña en conta o gran esforzo feito polos traballadores durante a pandemia e lembran que o persoal de Povisa “sempre tivo que facer o seu traballo en malas condicións, con falta de efectivos e con conflitos constantes».

También te puede interesar