RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Xa podes ver o ‘trailler’ do filme ’10 de Marzo’

Narra un dos feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais

Este xoves, estrea do 'trailler' do filme '10 de Marzo'

’10 de Marzo’ aborda por primeira vez, en formato de longametraxe documental, os acontementos do 10 de Marzo de 1972 en Ferrol, os feitos máis icónicos da loita polas liberdades e os dereitos sociais no noso país no tramo final do franquismo.


50 anos despois

filme narra, cronoloxicamente, dende a elección do xurado de empresa en 1972; a negociación do convenio; os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo; a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado «Proceso dos 23» no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.

Entrevistas aos protagonistas

A través de entrevistas aos protagonistas dos feitos, materiais de arquivo fotográficos e documental de época, o filme reconstrúe os acontecementos. A estrea da longametraxe documental en cines está prevista para finais de outubro.

O director Roi Cagiao e a produtora Arthur Gordon, despois da exitosa ‘Vigo 1972’ volven a afondar na historia social galega contemporánea con este novo filme.  

’10 de Marzo’ conta co patrocinio do Concello de Ferrol, o Sindicato Nacional de CCOO Galicia e Navantia, e coa participación de Fuco Buxán, Fundación 10 de Marzo, Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia e Witland.

También te puede interesar