Destacados Vigo al minuto

Ifevi estará rematado a finais deste mes

Incluirá os vestiarios das novas pistas de atletismo

A delegada da Xunta en Vigo avanzou que as obras de ampliación do Ifevi estarán rematadas a finais de marzo. Así puido comprobalo hoxe nunha visita ao recinto feiral.

World Padel Tour

Segundo informou, na nave traballan 103 operarios que permitirán que a instalación estea practicamente terminada coincidindo coa celebración este mes do World Padel Tour. A colación, indicou que a competición terá a súa disposición os novos vestiarios deportivos proxectados no pavillón 5.

7 millóns

Marta Fernández-Tapias remarcou que o Goberno galego apoia o Ifevi «con feitos», cun investimento nesta actuación de 7,3 millóns de euros e, atendendo as obras realizadas con anterioridade, de preto de 30 millóns no cómputo global.

«Seguiremos a traballar no seu impulso -dixo-, mellorando a súa competitividade, en beneficio de Vigo, a través da actividade económica e a xeración de emprego».

Compatibilidade total coas pistas de atletismo

Ao fío, defendeu que a celebración no recinto do mencionado circuíto profesional de padel demostra a compatibilidade do uso expositivo e deportivo no Ifevi. «Reforza a aposta da Xunta por unha dotación deportiva que potencia a funcionalidade e o atractivo do recinto feiral», subliñou en clara referencia ás pistas de atletismo que o Executivo autonómico deseñou para o novo pavillón.

Lamenta a oposición do alcalde

Tras anotar que as pistas de atletismo «nin son para o Concello nin para a Xunta, son para os atletas», Fernández-Tapias lamentou novamente que o alcalde se opoña a unha actuación coa que se está dando resposta ás necesidades sinaladas polos propios clubs deportivos e os atletas de Vigo e de toda a comarca.

En todo caso, volveu a insistir en que a actividade ordinaria do Ifevi en ningún suposto verase afectada por esta actuación, pois a compatibilidade é total. Un proxecto que, engadiu, coñecen perfectamente en Conxemar e sobre o que non manifestaron oposición algunha.

Mellores accesos

Por outra banda, Fernández-Tapias convidou ao Concello de Vigo a ser «máis proactivo» e, en lugar de criticar o que está a facer a Xunta, se preocupe por dotar ao recinto feiral duns accesos acordes á súa potencialidade e capacidade para albergar mostras.

Caballero acusa á delegada de mentir

En referencia a esta visita, o alcalde asegurou que os responsables da Xunta «minten máis que respiran». Neste sentido apuntou que o Concello paga 65.000€ polo aluguer da nave de Ifevi para a disputa do World Padel Tour.

Abel Caballero insitiu en que a Xunta quere quedarse con dúas naves de Ifevi e autorizar, seica, as actividades e feiras que se leven a acabo. «Haberá que pedir permiso á Xunta», algo que, apuntou é moi distinto do World Padel Tour, «minten, minten e minten, son uns mentireiros compulsivos», rematou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.