Comarcas Vigo al minuto

Nigrán instala 13 paneis ‘Metrominuto’ para promover os desplazamentos a pé

Trátase de mapas sinópticos que miden distancias e tempos camiñando

O Concello de Nigrán ven de instalar 13 paneis ‘metrominuto’ por todas as zonas urbanas (Nigrán, A Ramallosa e Panxón) como ferramenta para incentivar os desprazamentos a pé fronte ao emprego do vehículo.

Códigos visuais dos planos de metro

Trátase de mapas sinópticos que miden distancias e tempos camiñando entre diferentes puntos significativos. Os mesmos empregan no seu deseño os códigos visuais dos planos de metro (como aceno a un dos medios de transporte máis significativos das grandes urbes, suxerindo o ir a pé como outro medio igual de valioso).

‘Cidades que camiñan’

Nigrán obtivo os seus ‘metrominutos’ a través da rede Ágora da Deputación de Pontevedra, quedando o municipio integrado na rede ‘Ciudades que Caminan’ (asociación internacional de diferentes administracións que busca que os peóns sexan os verdadeiros protagonistas do espazo público).

Velocidade media de 5km/h

Os tempos de desprazamento foron calculados a unha velocidade media de 5 km/hora, o que sitúa o núcleo de Panxón a 17 minutos do centro de Nigrán; o esteiro de A Foz a 6 minutos da Ramallosa ou o Templo Votivo a 8 minutos do espazo deportivo Dunas de Gaifar.

«Desdramatizar» a cultura de camiñar

«O obxectivo é ‘desdramatizar’ a cultura de camiñar evidenciando o pouco que compensa coller o coche para moitos desprazamentos, sendo ademais algo saudable física e mentalmente», explica o alcalde, Juan González. De feito, está demostrado que ao tratarse de distancias curtas e tempos breves, coa información que nos ofrece o Metrominuto nos predispoñemos mellor a camiñar ata o noso destino, priorizando así o medio pedestre.

‘Un Nigrán para todos’

«Ao fin de todo será un activo máis do noso programa ‘Un Nigrán para todos porque se trata de animar a empregar o espazo público, sempre tivemos claro que os peóns teñen a máxima prioridade, e así desenvolvemos as nosas políticas ao respecto».

Xa hai anos, lembra o alcalde, «creamos rutas escolares seguras ao CEIP Humberto Juanes para que o alumnado fose camiñando e agora dirixímonos a toda a veciñanza para que comprenda que todo son vantaxes se ímos a pé a facer os recados, gañaremos en saúde e teremos un municipio máis amable para as persoas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.