Destacados Vigo al minuto

A Xunta retoma as visitas guiadas a Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada… e xa podes reservar

Cada solicitante poderá inscribir ata a tres acompañantes

A Xunta retoma as visitas guiadas a Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e xa podes reservar

A Xunta organiza unha nova edición do programa de rutas guiadas Descubrindo o Parque Nacional, co que invita a máis dun cento de participantes a coñecer os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada fóra da tempada estival en seis datas dos meses de marzo e abril.

Catro itinerarios

O obxectivo é achegar aos galegos ao rico e variado patrimonio natural, histórico e cultural que agocha o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, o único declarado en Galicia.

Así, a través de catro itinerarios os visitantes poden coñecer o carácter histórico e botánico de Cortegada, as esculturas e lendas das rochas de Sálvora, a toponimia de Ons ou facer unha viaxe no tempo para coñecer a orixe das Cíes.

Cun guía

As rutas, con guía de balde para os participantes, desenvolveranse en grupos reducidos para ofrecer unha mellor calidade da visita aos espazos protexidos. Ao mesmo tempo, para garantir a participación do maior número de interesados, limítase a inscrición a unha actividade por persoa.

Facer as reservas

Aqueles que desexen participar no programa Descubrindo o Parque Nacional deberán reservar a súa praza no apartado das Illas Atlánticas da central en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais ou directamente nas oficinas do Parque Nacional galego, no edificio Cambón de Vigo (rúa Oliva, 3).

O solicitante poderá inscribir ata a tres acompañantes e o transporte ás illas farase a través das distintas embarcacións que se ofrecen, en función da illa a visitar, e o custo deberá ser sufragado polos participantes.

As inscricións xa se poden realizar, sendo o último día para anotarse a cada unha das rutas catro xornadas antes da realización da mesma.

Calendario, portos de saídas e número de prazas

También te puede interesar