Vigo al minuto

As pensións de xubilación de Galicia seguen sendo as segundas máis baixas do Estado

É de 1.053€ de media, 200 menos que no conxunto do Estado

As pensións de xubilación que cobran as galegas e os galegos seguen a ser as segundas máis baixas do Estado. Dacordo cos datos digundidos este venres polo Ministerio de Inclusión e Seguridade Social, a ‘pensión media’ de xubilación en Galicia acadou este mes os 1.053,71€, preto de 200€ menos que a media do Estado.

A pensión de xubilación de Galicia so está por diante da de Estremadura que se sitúa, de media, en 1.038,54 euros mensuais.

Media total

Segundo os mesmos datos do Goberno, a «pensión media do sistema» en Galicia, é dicir a que comprendería as pensións de xubilación, incapacidade, viuvez, orfandade e a favor de familiares, está en 925,24€, o que supón un aumento de 2€ en relación con xaneiro.

768.343 pensionistas

En Galicia hai 768.343 persoas que cobran algún tipo de pensión, o que supón, aproximadamante, o 28,5% da poboación. Delas, 482.729 perciben unha pensión de xubilación- un 18%-.

654,5€ da pensión de viuvez

184.952 galegas, en su maioría, cobran unha pensión de viuvez, que está, de media, en 654,54€ mensuais; 70.578 perciben unha pensión de incapacidade permanente, cunha media de 938,71€ mensuais; 23.322 teñen unha paga de 430,44€ por orfandade e 6,762 persoas perciben unha pensión en favor de familiares, de 561,83€.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.