Galicia Vigo al minuto

A Xunta adxudica a explotación da nova estación de autobuses de Vigo

Tamén as de Cambados, Cangas e Ponteareas

La nueva estación de autobuses de Vigo se retrasa hasta el primer trimestre de 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros (sen IVE).

O contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A.

A de Vigo, condicionada á finalización das obras

Cómpre lembrar que sendo o prazo do contrato de explotación destas catro estacións de 5 anos, no caso da estación intermodal de Vigo, que actualmente se atopa en execución, o comezo desta concesión quedará condicionado á recepción das instalacións e da súa posta en servizo.

Concentran a circulación da provincia e da contorna de Vigo

Estas estacións de autobuses, construídas pola Xunta, concentran a circulación de vehículos que realizan rutas de transporte interurbano na provincia de Pontevedra, principalmente na contorna da cidade de Vigo.

De xeito máis concreto, a adxudicataria ocuparase dos servizos prestados nestas estacións, que son aqueles con orixe ou destino en Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo.

Máis de 3 millóns de viaxeiros

No que se refire aos datos de explotación, as terminais rexistran na actualidade máis de 3 millóns de viaxeiros ao ano e preto de 254.000 expedicións con paradas nestes concellos.

Intermodal de Cangas

Como informara vigoalminuto, a Xunta adxudicou tamén este mes as obras de mellora da área intermodal das estacións de autobús e marítima de Cangas, que suporán un investimento de case 400.000 euros,  nos que inclúe o acondicionamento do edificio da terminal, das dársenas e dos accesos desta infraestrutura.

También te puede interesar