RGPD - Cookies
Destacados Sucesos

O Concello do Porriño procede ao valado urxente do Parque do Cristo ante o risco de caída das árbores

Os estudos técnicos solicitados advirten de que a madeira en fase de descomposición

O Concello do Porriño procede a valado urxente do Parque do Cristo ante o risco de caída das árbores

O Concello do Porriño xa ten os resultados do informe técnico que se solicitou á Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra sobre o estado dos tilos do Parque do Cristo, debido ao seu aparente mala situación e á caída de varios deles.

Tala das árbores

O mesmo conclúe a necesidade de proceder á súa tala de maneira inmediata ante o problema de seguridade que supoñen.

Pese a que non estamos a falar de árbores de moita antigüidade, sinalan dende o Concello que «confirmouse un estado deficiente, advertíndose da existencia de madeira en fase de descomposición«. Para comprobalo fixéronse probas co resistógrafo.

Fungos

Por outra banda, determinouse que as árbores están afectadas por dous fungos: Armillaria mellea e Bjerkandera adusta. O primeiro deles, Armillaria mellea, ataca ás raíces principais e as destrúe por completo e o segundo, B. Adusta produce podremias brancas e destrúe os tecidos vivos.

No informe tamén  se indica que a súa evolución non será positiva, senón que continuará o proceso de degradación ata que se veñan abaixo.

Valado da praza e do parque infantil

En base a isto, e dacordo ao informado polos servizos técnicos municipais, acordouse proceder a o valado urxente da praza e do parque infantil, «para evitar situacións de perigo para os viandantes, así como para os nenos e nenas que xogan habitualmente na zona»

O recinto xa está pechado e a Concellería de Parques e Xardíns procederá de inmediato á tala dos 12 tilos afectados. Polos mesmos motivos de seguridade, procederase á tala do sauce do parque da Avenida de Buenos Aires, xunto ao río Louro. 

También te puede interesar