Comarcas Vigo al minuto

O Porriño contratará a 43 persoas desempregadas

Destina 224.000€ que súmanse aos 226.000 da Deputación

O Porriño contratará a 43 persoas desempregadas

O pleno da corporación local do Porriño aprobou onte, cos votos a favor do Goberno Local e EU SON, e a abstención do resto dos grupos, a maior aportación municipal da súa historia para a contratación de persoal.

43 persoas desempregadas

En total, o custe do programa laboral deseñado polo executivo para a contratación de 43 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude aprobada pola Deputación. Os 224.061 euros restantes corren a cargo do Concello, que aprobou de maneira inicial a modificación orzamentaria precisa para dispoñer dese crédito. 

Estes traballadores e traballadoras integraranse nos diferentes servizos e departamentos municipais

Obras:  dous oficiais de primeira  carpinteiro, un oficial de primeira soldador, tres oficiais de primeira albaneis, sete peóns de obra pública, dous oficiais de primeira electricista, un oficial de primeira fontaneiro e un oficial de primeira tractorista/conductor de grúa.
Parques e Xardíns:  doce peóns forestais.
Unidade Asistencial a Drogodependentes: un auxiliar de enfermería.
Servizos Sociais: un auxiliar administrativo.
Cultura: dous auxiliares administrativos.
Turismo: un titulado na diplomatura ou grao de Turismo.
Novas Tecnoloxías: un técnico en informática.
Emprego e formación: dous orientadores laborais.
Deportes, Mercados e Cultura: seis conserxes.

También te puede interesar