Destacados Vigo al minuto

Acusan a Caballero de querer silenciar aos afectados polo vial de Beade

Cun Pleno sobre o trazado da A-55

O Bloque Nacionalista Galego acusa o alcalde de Vigo de querer silenciar a oposición veciñal ao novo vial en Beade e Bembrive coa celebración dun Pleno extraordinario sobre a A-55.

Para o BNG os motivos deste Pleno, previsto para o vindeiro martes 1 de febreiro, son unha «farsa» e o que busca Abel Caballero é «desviar a atención sobre as protestas contra o novo vial PO-010».

Invisibilizar o masivo rexeitamento a este vial

“É evidente que estamos diante dun falso debate co que o alcalde de Vigo pretende invisibilizar o masivo rexeitamento social a un vial inxustificado e que ameaza con tronzar unha parte moi importante das parroquias rurais da nosa cidade”, criticou o concelleiro do BNG Vigo.

Xabier P. Igrexas, que rexeitou ademais a urxencia do proxecto tendo en conta que carece de financiamento e o propio PXOM prevé executalo nun prazo de 18 anos.

«Coartada» do alcalde

Igrexas tachou de “coartada” que Abel Caballero convoque un Pleno extraordinario a partir dunhas declaracións do presidente da Xunta sobre a conexión da A-55, un debate que Igrexas valorou como a “enésima polémica estéril” entre o Goberno municipal e o galego.

Pleno clandestino’

O BNG de Vigo presentou ademais un recurso de reposición para esixir a presenza de público na sesión plenaria, dentro do estrito cumprimento das normas marcadas pola autoridade sanitaria, após ter decidido o alcalde de Vigo que se celebre a porta fechada. Para as nacionalistas non existe xustificación legal para “furtar o dereito dos vigueses e das viguesas” a escoitar en directo o debate no máximo organismo de representación da cidade.

Desde o Bloque propuxeron que se celebre o Pleno nunha instalación con maior aforo, como pode ser o Auditorio municipal, en caso de que o Goberno municipal considere insuficiente o espazo do salón plenario para garantir as normas sociosanitarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.