RGPD - Cookies
Comarcas

Porriño tentará recuperar 645.000€ da Deputación perdidos polo anterior Goberno local

O alcalde sisposto a facer o necesario para non perder esta cantidade

Porriño tentará recuperar 645.000€ da Deputación perdidos polo anterior Goberno local

O novo goberno municipal recurrirá o ditame da Deputación de Pontevedra que desestima a achega ao Concello do Porriño ao abeiro do programa REACPON. 

Presentado polo goberno de Eva García

Aquel proxecto de humanización e prolongación da rúa Antonio Palacios, presentado polo anterior goberno local para a súa financiación con fondos provinciais non acadou o 50% da puntuación requerida nas bases.

645.000 euros

«Falamos de 645.000 euros que nos permitirían levar a cabo unha obra de gran interese para o casco urbano e moi demandada polos veciños á que non podemos renunciar por unha mala xestión«, explicou o alcalde.

Alejandro Lorenzo asegurou que «faremos o que estea nas nosas mans para recuperala, comezando pola presentación dun recurso de reposición para que se revise o proxecto».

Carril bici

A rúa Antonio Palacios ten un gran tránsito, tanto rodado como peonil, polo que sería adecuado levar a cabo as obras precisas que garantan a seguridade peonil e de circulación, proxectar pasos de peóns sobre elevados, plantar árbores e ademais de dispor zonas de uso e disfrute para a veciñanza e a creación dun carril bici.

También te puede interesar