RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela aproveita o escaparate de FITUR para dar a coñecer o seu potencial turístico

Porá en valor o seu abundante patrimonio histórico, cultural e natural

Siguen los días soleados con temperaturas rozando los 25 grados

Redondela estará presente na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022, para dar a coñecer nesta cita toda a súa potencialidade turística.

O Concello redondelán estará presente no stand de Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño onde entregará diverso material «que amosa claramente o enorme potencial que temos en materia turística», afirmou a alcaldesa Digna Rivas.

A presenza de Redondela en Fitur servirá para poñer en valor, nun foro no que se dan cita turoperadores e profesionais do turismo de toda Europa, «o enorme patrimonio cultural, histórico, artístico e natural que ten Redondela».

Do Cemiterio de Eidos á Ruta da Auga

O Cemiterio de Eidos como punto de referencia histórico-patrimonial; os lugares de interese do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio; a reactivación do Museo Meirande que o ten levado a converterse nun punto de visita obrigada; a Ruta da Auga ou a recen inaugurada Senda Verde, serán algúns dos atractivos que Redondela presente neste escaparate internacional.

Aproveitar o Camiño de Santiago

Digna Rivas fixo especial fincapé na necesidade de aproveitar o Camiño de Santiago como vía «permanente de entrada de visitantes». Non se pode esquecer, subliñou a alcaldesa redondelá, «que somos o punto no que conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa, dous das rutas xacobeas con maior crecemento e expansión que supoñen unha oportunidade única para dar a coñecer todo o que Redondela pode ofrecer«.

También te puede interesar