Galicia

A Deputación fai posible que Mos reforme a biblioteca e os xulgados da Porteliña

Levará o nome da poetisa María Magdalena Domínguez

A Deputación fai posible que Mos reforme a biblioteca e os xulgados da Porteliña

A nova biblioteca de Mos, que levará o nome da poetisa María Magdalena Domínguez, únese aos equipamentos e dotacións financiadas pola Deputación de Pontevedra neste onde os investimentos provinciais nos últimos 6 anos superaron os 9 millóns de euros.

Biblioteca

«Hoxe é un gran día para Mos, un día moi importante porque podemos poñer en marcha un soño». Así se manifestou a alcaldesa Nidia Arévalo no Pazo Provincial da Deputación, no acto de sinatura coa presidenta Carmela Silva do convenio que suporá a reforma integral do edificio da biblioteca municipal e os xulgados na Porteliña, ao abeiro do Plan Provincial ReacPon.

Máis de 481.000 euros

A actuación, que converterá ao inmoble nun edificio eficiente dotado de enerxías alternativas,suporá un orzamento de case medio millón de euros, (481.375,53€), dos que a Deputación aporta o 75%, 361.031,65 euros, e o Concello 120.343,88.

Carmela Silva considerou unha satisfacción contribuír dende a Deputación a este proxecto e sinalou que coñeceu pola prensa que a Xunta de Galicia vai achegar outros 200.000 euros para este proxecto da biblioteca e os xulgados e, nesa liña, animou a tódolos concellos que teñen acadado as subvencións do ReacPon a presentar tamén os seus proxectos á administración autonómica.

Nidia Arévalo

Pola súa banda, Nidia Arévalo, explicou que Mos tiña o proxecto «algo traballado», que o acelerou cando a Deputación puxo en marcha o Plan o pasado verán e que «suporá a transformación extraordinaria dun espazo que estaba obsoleto».

A alcaldesa avanzou que espera «que despois do verán poidamos ter unha apertura de portas dun edificio que será moderno, agradable e do que sentiremos moito orgullo». Arévalo puxo en valor o traballo da arquitecta, Fani Grandal e agradeceu tamén á Deputación o Plan Concellos bianual 2022-23, «que nos permitirá seguir cambiando Mos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.