Sanidade asigna unha médica xubilada a O Rosal que atenderá aos pacientes ‘telemáticamente’

A alcaldesa reuniuse co conselleiro ante a situación sanitaria do concello

A alcaldesa do Rosal relatou a precaria situación da atención sanitaria no municipio nunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantida esta mañá.

«Solucións urxentes»

Ánxela Fernández reclamou solucións urxentes a unha situación que foi especialmente crítica durante o Nadal, xa que houbo días nos que o municipio non contaba con ningún médico para consultas. Isto provocou que a veciñanza tivese as axendas pechadas e non existise un seguimento dos pacientes, “cos riscos que implica”

Esta situación, explicou a alcaldesa, aínda non ten solución, xa que hoxe, hai unha soa médica que atende cifras insostibles de arredor de 90 pacientes -cando a media axeitada son 35-.

Volta do servizo de Pediatría e maís persoal

Ánxela Fernández reclamou a volta do servizo de Pediatría ao Rosal, o incremento do persoal sanitario e a ampliación das dotacións. “

«Non podemos esquecer que a precariedade xa existía antes da pandemia e que agora se acentuou”, explicou a alcaldesa, “polo que reclamamos solucións a curto, a medio e a longo prazo”. O Concello e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal reclaman que deberían contar cun mínimo 4 médicos e 4 enfermeiras, pediatría e matrona. Así mesmo, a alcaldesa tamén criticou o peche da consulta de San Miguel.

Unha médica e outra doutora xubilada

O conselleiro informou á alcaldesa de que durante os vindeiros meses O Rosal contará cunha médica, a actual, que ten unha xornada ampliada, unha médica xubilada que atenderá telematicamente. A esta medida, se lle sumará a prolongación do horario de persoal médico e farmaceútico doutros Centros de Saúde.

A resposta da alcaldesa foi que esta situación, aínda que mellor ca de Nadal, “non é suficiente para ofrecer unha atención sanitaria de calidade”.

Unha sala de urxencias

En canto ás dotacións a rexedora trasladou ao conselleiro que “precisamos melloras nas infraestrutura con incrementos dotacionais como por exemplo unha sala de urxencias, unha sala de xuntas máis grande, unha sala de técnicas e novas salas para cumprir coas necesidades do persoal sanitario”.

Ánxela Fernández insistiu en que «agora só hai 3 despachos para medicina-pediatría e 3 de enfermería no Centro de Saúde. Claramente insuficiente para cubrir as ratios de persoal precisas entre pacientes por persoal sanitario de xeito adecuado”.

Un equipo técnico visitará O Rosal

Tanto alcaldesa como o conselleiro acordaron que durante os vindeiras datas un equipo técnico da Xunta trasladarase ao Rosal para estudar sobre terreo unha posible ampliación das dotación.

A alcaldesa afirmou que o Concello “ofrece a súa total colaboración para dotar deste incremento das infraestruturas sempre e cando se adapte ao Plan Xeral”. Ánxela Fernández agradeceu ao conselleiro a súa boa disposición e a escoita e agarda que “a situación mellore o antes posible”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.