Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis esixen do Concello unha beirarrúa completa na rúa Foxos

Denuncian que só se fixo un treito

Veciños de Teis esixen do Concello unha beirarrúa completa na rúa Foxos

Desde hai anos, os veciños de Teis veñen pedindo ao Concello Vigo a construción dunha beirarrúa na rúa de Foxos, para garantir a seguridade dos peóns, debido ao elevado trafico que transita por esta rúa.

Só se fixo nun tramo

Hai uns meses comezaron as obras de construción da beirarrúa na rúa Foxos, que remataron a finais de novembro e , “para nosa sorpresa”, sinalan dende a Asociación de Veciños, so se fixo nun tramo, até a 1º Travesía de Foxos, deixando a maior parte desta rúa sen ela.

Sen resposta do Concello

Diante desta situación a comezos deste mes de decembro enviaron un escrito á Concellaría de Fomento, “demandando unha explicación e a construción de toda a beirarrúa , sen recibir como é habitual ningunha resposta”.

Desde a Asociación, diante desta situación, nas alegacións ao orzamentos do Concello de Vigo de 2022, demandaron a creación dunha partida para a construción de beirarrúas en Teis, incluíndo que se faga a beirarrúa en toda a rúa de Foxos.

Estaba anunciada a beirarrúa completa

Os veciños lembran que “estaba anunciada a actuación en toda a rúa. Cal é o motivo para non realizar a construción da beirarrúa en toda a rúa de Foxos?”. e engaden que dacela indicábase que o investimento non superaba os 56.000€.

Diante desta situación, lamentan que o Concello anuncie continuas reformas de rúas en Vigo e “logo faga actuacións parciais ou incompletas como na rúa de Foxos, que se levan demandando desde hai anos”.

También te puede interesar