RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta abre este luns 3 de xaneiro o prazo para solicitar o Bono Alugueiro Social

A concesión inicial é por 12 meses con posibilidade de 2 anos máis

A Xunta abre este luns 3 de xaneiro o prazo para solicitar o Bono Alugueiro Social

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica no Diario Oficial de Galicia as resolucións polas que se convocan as subvencións do Bono de alugueiro social. Ademáis, inclúe a concesión directa do complemento, co que asumirá por terceiro ano consecutivo a totalidade da renda dos beneficiarios.

O prazo de solicitudes comeza o 3 de xaneiro

Ambas resolucións suman un importe global de 860.000 euros e teñen un prazo de presentación de solicitudes que comezará o vindeiro luns 3 de xaneiro.

O Bono de alugueiro social é un programa creado para facilitar o acceso e o mantemento dunha vivenda en réxime de arrendamento a aqueles colectivos con maiores dificultades económicas.

12 meses prorrogables por 2 anos máis

A concesión inicial do Bono é por un período de 12 meses, prorrogables por dous anos máis previa petición do interesado. Posteriormente, poderá ampliarse de forma extraordinaria por outros tres exercicios, polo que a duración máxima de percepción das subvencións poderá estenderse ata os 6 anos.

Axuda adicional de 600 euros

Así mesmo, o Bono tamén prevé a concesión dunha axuda adicional de 600 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de que o beneficiario permaneza na mesma vivenda, para atender débedas subsistentes.

100% do alugueiro

Coa concesión desta axuda e do complemento, o beneficiario recibe o 100% da mensualidade máxima do alugueiro; que no caso das sete cidades galegas pode chegar ata os 450 euros; en concellos de tamaño medio, ata 400 euros; e no resto, 350 euros.

9,7 millóns de euros desde 2015

O Instituto Galego da Vivenda e Solo puxo en marcha no ano 2015 o Bono de alugueiro social. En abril de 2020, como consecuencia da covid-19, decidiu complementar estas axudas para sufragar a totalidade da renda mensual dos beneficiarios e en 2021 decidiuse que este complemento se mantería tamén durante todo o ano. Agora proseguirá ao longo do exercicio de 2022.

1.420 bonos

Desde a posta en marcha do programa ata a última convocatoria, concedéronse un total de 1.420 bonos por un importe de 4,4 millóns de euros, aos que se sumaron 1.549 prórrogas por 3,6 millóns de euros.

A Xunta dispón tamén do Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, os seus fillos dependentes e vítimas de explotación sexual, cuxos beneficiarios reciben así mesmo o 100% do custe do alugueiro.

También te puede interesar