Deportes

Tui suspende a ‘San Silvestre’ ante o aumento dos casos de COVID

Había 350 inscritos

A 1ª San Silvestre Popular de Tui que se ía celebrar este venres, 31 de decembro, pola mañá vén de suspenderse «ante a actual incidencia da Covid tanto a nivel de Galicia, da Área Sanitaria de Vigo coma do propio municipio de Tui».

O Concello vén de acordar a suspensión desta proba non competitiva xa que suporía a reunión de máis de 350 persoas, que estaban xa inscritas, e tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, consideran que é a decisión máis acertada.

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, agradece a acollida que esta carreira espertou, así do mesmo xeito que traslada o seu agradecemento ao Club Atletismo Tui, asociacións e empresas a colaboración prestada para a organización deste evento.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, explica que “dada a situación que nos atopamos e tendo en conta que tiñamos un alto número de inscritos, e aínda que é certo que a nivel oficial non se restrinxe a actividade deportiva, non é menos certo que a proba non so tiña un carácter deportivo senón tamén sobre todo, e tratándose do día 31, a finalidade é que tivese un compoñente lúdico, e con ese compoñente lúdico non se pode desenvolver, e sen ese carácter festivo perde significación e o máis sensato é a súa suspensión”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.