Destacados Vigo al minuto

Dende este mércores, o punto de atención do Náutico,en Vigo, so fará PCR con cita previa

Pode solicitarse en https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Dende este mércores, o punto de atención do Náutico,en Vigo, so fará PCR con cita previa

Coa finalidade de evitar longas esperas e para ofrecer unha maior comodidade aos cidadáns, o Punto de Atención  Móbil (PAM), situado  fronte ao RC Náutico de Vigo, dende este mercores, día 29 só fará probas COVID a aquelas persoas que teñan cita.

A  autocita pode solicitarse a través da páxina web da Área Sanitaria de Vigo na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Unha vez completada a solicitude, o usuario recibirá, con posteriroridade,  un SMS no seu teléfono móbil indicándolle o día e a hora en que debe acudir. Non se atenderá a ninguén que non presente o seu correspondente SMS.

Os horarios serán:

De 8,30 a 14,30 horas e de 15,30 a 21 horas, de luns a domingo, agás nas datas de especial significacion, como son 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro o horario será de 8,30 a 14,30 horas.

También te puede interesar