Ciencia y Tecnología Destacados

O Goberno destina 4,6 millóns a facer ‘intelixentes’ 172 edificios de Vigo

En todos os barrios da cidade

O delegado do Goberno en Galicia anunciou hoxe a apertura de licitación por 4,6 millóns de euros do subministro para a posta en marcha da iniciativa “Vigo edificios intelixentes. Unha cidade para as persoas. accesible, eficiente e comprometida”, a través da convocatoria de Red.es (entidade do Ministerio de Asuntos Económicos e Avance Dixital) que publicou onte o Boletín Oficial do Estado (BOE).

172 edificios repartidos por toda a cidade

José Miñones avanzou que, grazas a esta iniciativa, que financia o Goberno de España nun 80% e o Concello no 20% restante, Vigo situarase na «vangarda» das cidades españolas. “Falamos dun investimento que reflicte a aposta decidida do Goberno pola transformación das cidades en territorios e destinos intelixentes, máis competitivos, verdes e eficientes”, engadiu.

Co obxectivo de facer de Vigo unha cidade intelixente, este proxecto convertirá 172 edificios repartidos por todos os barrios en nodos intelixentes capaces de medir diferentes variables: ambientais, de satisfacción global, de seguridade ou de calidade de vida. Estes datos serán comunicados á plataforma Vigo Smart City coa finalidade de producir fluxos de información que melloren os servizos públicos e o seu alcance e eficacia.

Ofertas abertas dende o 22 de xaneiro

O prazo de recepción de ofertas para os subministro deste proxecto estará aberto ata o 22 de xaneiro de 2022 e a apertura de ofertas realizarase o día 5 de abril de 2022. O contrato terá unha duración de 20 meses.

Tamén na Coruña

O delegado do Goberno indicou que, xunto con Vigo, o Ministerio de Asuntos  Económicos impulsará proxectos piloto similares noutras sete cidades españolas, entre as que está tamén A Coruña. As oito cidades foron seleccionadas na convocatoria de “Proxectos Pilotos de Edificios Intelixentes”. Con estes proxectos pilotos, poderase obter información real da aplicación das tecnoloxías á mellora da calidade de vida e da xestion dun edificio.

Plan Nacional de Territorios Intelixentes

O Plan Nacional de Territorios Intelixentes ten un obxectivo dobre, por unha banda, apoiar ás entidades locais no seu proceso de transformación cara a cidades e destinos turísticos intelixentes, impulsando unha implementación óptima dos recursos TIC na redefinición dos servizos públicos, e por outro, fomentar a consolidación dun sector tecnolóxico provedor de solucións Smart City.

Este plan leva mobilizados ata o momento máis de 200 millóns de euros en toda España sumando as distintas convocatorias de Cidades Intelixentes, Edificios Intelixentes e Destinos Turísticos Intelixentes.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.