Comarcas

O Rosal, de novo sen un so médico

Nin en consultas nin en urxencias

O Rosal, de novo sen un so médico

Novo capítulo de precariedade na atención sanitaria do Rosal. Este martes o centro de saúde quedou sen ningún médico para consulta nin para urxencias deixando aos máis de 6.000 habitantes do Rosal sen o servizo mínimo recollido por lei. A alcaldesa, Ánxela Fernández, denuncia que  «os veciños e veciñas do Rosal xa estamos fartos de por en risco a nosa saúde pola constante precarización da Xunta«, e «esiximos unha solución o antes posible».

O Rosal sen médicos para consulta

A rexedora tamén denuncia que o abandono xa vén de lonxe. Dende o mes pasado o centro de saúde está sen médicos para consulta, despois de dúas baixas, unha de longa duración, ás que a Xunta non substitúe e un posto que aínda non se cubriu con ningún profesional. Todo isto provoca que a veciñanza teña as axendas pechadas e non exista un seguimento dos pacientes «cos riscos que implica».

E sen pediatra

O Concello e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal levan tempo denunciando a precariedade do sistema sanitario no municipio. Os problemas que existían antes da pandemia acentuáronse coa eliminación do servizo de pediatría, pechando a consulta de San Miguel. Ademáis, priman as consultas telefónicas sobre as presenciais e hai restricións de acceso ao Centro de Saúde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.