Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

As 1.000 árbores dos colibris do CEIP Valle-Inclán de Vigo

Alumnas e alumnos do centro dan un exemplo de respecto pola natureza

As 1.000 árbores dos colibris do CEIP Valle-Inclán de Vigo

O curso 2019/2020 o CEIP Valle-Inclán de Vigo puxo en marcha un ‘Club de Convivencia’ formado por un neno e unha nena de cada aula que exercen de representantes das súas clases. Dende entón, os venres reúnense para comentar problemas, buscar solucións ou facer propostas de mellora do centro.

2.000 grúas do origami para o Parque da Paz de Hiroshima

Asemade cada curso dende o Club “plantexamos un reto relacionado coa mellora do mundo no que vivimos“. Entre todos, o primeiro ano conseguiron enviar 2.000 grúas de origami e dous desexos de corazón a Xapón, ao Parque da Paz de Hiroshima. Para elo “a nosa inspiración foi a figura de Sadako Sasaki, unha nena que faleceu a consecuencia da
bomba de Hiroshima”.

O reto inicial eran 1.000 e coa implicación da comunidade educativa conseguimos superalo con creces. Grazas a este proxecto recibimos o recoñecemento da Fundación Atresmedia como mención de honra no Premio Grandes Iniciativas e o 2º premio de Boas Prácticas de Inclusión Educativa da Consellería de Educación.

A Premio Nobel Wangari Maathai e o ‘Cinto verde de África’

Logo deste éxito o pasado curso dende o Club “propuxémonos un novo reto; traballar para que a crise do coronavirus non se volva a repetir e sabemos que para elo debemos coidar o noso planeta”. Por isto ese ano inspiráronse na Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e o seu cinto verde en África.

“Traballamos a reo facer un cinto verde no noso cole, conseguimos mudar unha zona de terra do patio, que parecía un deserto, por un lugar onde a fauna e a flora viven en paz”. Para elo plantaron 11 árbores durante o curso, a maioría doadas por particulares, que quixeron unirse ao reto.

O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, re nomearon a anteriormente chamada “pista de terra”, pola actual “Fraga Wangari Maathai”. A maiores conseguiron crear un viveiro, como fixo Wangari, “onde coidamos máis de
1.000 árbores e que ao final de curso foron doadas a particulares e a Mancomunidade de Montes de Vigo
. A finais de curso, a través dun mercadiño benéfico de árbores, conseguiron recadar fondos para colaborar coa fundación Green Belt Movement en Quenia.

Grazas a este traballo recibiron o segundo premio do Concurso Nacional de Educación Conectada da Fundación FAD e BBVA “Repensando la educación “.

Traballando como colibrís

“Orgullosos e orgullosas podemos dicir que toda a Comunidade Educativa do CEIP ValleInclán de Vigo, traballamos como auténticos colibrís para conseguilo”.

Este venres, 17 de decembro chegou o broche final, onde todo o traballo ben feito tivo a súa recompensa. Ese día plantamos as súas árbores para axudar a reforestar un dos montes da nosa cidade, o Monte Maruxento, na parroquia de Matamá. “Nese monte crecerá o cinto verde dos colibrís do Valle-Inclán”.

También te puede interesar