Ciencia y Tecnología Destacados

5 millóns de fondos europeos para protexer a biodiversidade das Illas Atlánticas

Levando a cabo a recuperación, repoboación, restauración de hábitats

O Goberno computará a poboación de Cíes e Ons para as axudas ás Illas Atlánticas

A Xunta destinará os 5 millóns de euros dos fondos europeos asignados ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas a financiar diferentes actuacións de protección e posta en valor da biodiversidade. Ademáis renovará equipamentos, infraestruturas e servizos básicos existentes nas illas e na súa área de influencia.

Este foi un dos temas que abordou o Padroado do Parque Nacional, reunido en Vigo, coa presenza da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Recuperación, repoboación, restauración de hábitats

Do Campo referiuse aos tres proxectos aos que se destinará a inxección económica do plan de recuperación europeo para as Illas Atlánticas. Ao primeiro deles destinarase medio millón de euros para a retirada de arborado e a repoboación con especies autóctonas como sobreiras e cerquiños.

Outros 2,8 millóns de euros serán para un paquete de actuacións de mellora das infraestruturas de uso público e servizos básicos (saneamento e abastecemento de auga, electricidade…) nos catro arquipélagos -Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada-, ademais de actuacións de mellora, seguimento e restauración de hábitats e especies.

1,6 millóns de euros estarán destinados a unha liña de axudas para mellorar equipamentos e infraestruturas nos catro concellos da súa área de influencia.

En total, conforme ao reparto territorializado acordado, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural xestionará 21,6 millóns de euros procedentes dos fondos europeos para actuacións de biodiversidade e para as reservas da biosfera.

Carta Europea de Turismo Sostible

Por outra banda, a reunión do Padroado do Parque Nacional tamén serviu para facer balance das actividades desenvolvidas ao longo do último ano no Parque Nacional así como dos principais proxectos de investigación.

Así mesmo, o director conservador do Parque Nacional, José Antonio Fernández Bouzas, confirmou a renovación da Carta Europea de Turismo Sostible, que a Federación Europarc concedeu por primeira vez no ano 2015 a este espazo natural en recoñecemento ao seu compromiso activo co desenvolvemento dunha actividade turística de calidade.

También te puede interesar