Comarcas

Folga de Atención Primaria do Baixo Miño: o Sergas pon mais traballadores nos servizos mínimos dos que hai nos centros de saúde

O Comité de Folga vén de denuncialo

O comité de folga da Atención Primaria do Baixo Miño denuncia os servizos mínimos abusivos decretados polo Sergas para os vindeiros 21, 22 e 23 de decembro, cando o persoal dos centros de saúde do Rosal, A Guarda e Oia e o do PAC da Guarda está chamado a un paro para reclamar unha asistencia sanitaria de calidade e unhas condicións laborais dignas.

Deterioro da asistencia sanitaria

A folga foi convocada pola CIG ante a preocupación existente “pola especial gravidade que está a ter o deterioro da atención primaria nestes tres concellos, con gran repercusión na poboación da zona”.

Este mércores 15 de decembro tivo lugar a negociación dos servizos mínimos coa Xerencia da área sanitaria, que se pechou sen acordo. Dende o comité de folga, integrado por delegados/as da CIG e traballadores/as de cada un dos centros, denuncian que a Administración “optou por impoñer uns servizos mínimos abusivos que non se axustan á realidade actual dos centros”.

Servizos mínimos por encima do número de traballadores

Citan como exemplo os mínimos marcados na categoría de persoal facultativo, que establece un número de traballadoras/es co que non se contaba en semanas anteriores, xa que non había persoal médico de familia nos centros de saúde do Rosal e de Oia.

Do mesmo xeito, a cifra fixada para a Guarda excede ao número de facultativos/as cos que ten contado o centro tamén nos últimos meses. Por outra banda, consideran paradoxal que nos centros do Rosal e de Oia non se considere como
estrutural a praza de pediatría, “o que evidencia a denuncia reiterada das plataformas en defensa da sanidade pública destes concellos da eliminación da atención pediátrica e a preocupación de que esta medida tomada coa escusa da pandemia sexa definitiva”.

Demostra a volume de traballo «desproporcionado» dos profesionais

En todo caso, entenden que estes servizos mínimos veñen a demostrar que o persoal destes centros ten que asumir de forma habitual e reiterada no tempo un volume de traballo “enorme e desproporcionado en canto aos recursos”. O que está a repercutir negativamente na poboación da zona, “que ve como están a mermar os recursos e a aumentar os tempos de espera para consultas, ademais de medrar os problemas de continuidade asistencial nas súas doenzas”.

Comprensión e apoio da poboación

Polo tanto, desde o comité de folga solicitan “a comprensión e o apoio” da poboación destes tres concellos, “xa que tanto profesionais como doentes somos vítimas das nefastas políticas que levaron a esta situación”. Finalmente, queren deixe moi claro que durante os días de folga a atención urxente e non demorable estará garantida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.