Deportes Vigo al minuto

Aberto o novo parque biosaudable da Vía Verde

Está en Mestre Chané

Abel Caballero inaugurou un novo parque biosaudable na Vía Verde en Mestre Chané, “o número 73 desde que son alcalde”, asegurou. O importe desta nova área de deporte para persoas adultas e maiores é de 20.805€, informou en rolda de prensa.

Ximnasio ao aire libre

A nova instalación dispón de oito elementos de xogo para a cadeira, remos, volantes e timóns, dous bancos a pedais, escaladora e máquinas para os exercicios de pernas e pectorais. “É un ximnasio ao aire libre”, explicou Caballero.

Vía Verde

Este novo parque é unha das actuacións que contémplanse dentro da Vía Verde na que, ao longo de 4 quilómetros, incorporaranse áreas de descanso, zonas de xogos infantís e miradoiros. Así, proxéctase un ancho de cinco metros para peóns e bicicletas desde Urzáiz ata o límite do termo municipal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.