RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

O Concello oferta 412 prazas para os campamentos infantís de Nadal

Para nenas e nonos nacidos entre 2009 e 2017

O Concello oferta 412 prazas para os campamentos infantís de Nadal

O Concello pon en marcha os campamentos municipais de inverno “Onde vive o Nadal 2021” co obxectivo de favorecer o lecer educativo e facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias.

Abertas as inscricións

As inscricións poden realizarse desde hoxe na web www.xuventudevigo.org e ata que se cubran as 412 prazas dispoñibles para nenas e nenos nacidos entre 2009 e 2017 e empadroados en Vigo.

Os campamentos son gratuítos para as familias e cumprirán “escrupulosamente” a normativa Covid, quedando distribuída a cativada participante en grupos burbulla dun máximo de 10 cun monitor.

Por todo Vigo

“Onde vive o Nadal 2021” desenvólvese os días 22, 23, 27, 28 e 29 de decembro de 2021 e os días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2022, entre 07:45 e 15:15 horas da tarde en varios espazos en diferentes zonas da cidade: Pavillón das Travesas; de Coia;Pavillón de Romil; Casa da Xuventude; Espazo de Lecer Infantil do Pavillón de Coia; Asociación de Veciños de Lavadores; de Coruxo e a Ludoteca de Integración de APAMP.


También te puede interesar