RGPD - Cookies
Galicia

Unha ducia de profesionais participarán na Feira de Artesanía de Nadal de Redondela

Do venres ao domingo desta semana

Unha ducia de profesionais participarán na Feira de Artesanía de Nadal de Redondela

Un total de doce postos participarán, entre os días 17 e 19 de decembro, na Feira de Artesanía de Nadal de Redondela que quedará instalada na rúa Ribeira, na contorna da Alameda Castelao. A iniciativa, tal e como sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, busca «potenciar o traballo das nosas e os nosos artesáns, ofrecer alternativas para os agasallos de Nadal».

Artesanía de Galicia

A Feira estará aberta de 10:30 h a 13:30 horas e de 16:30 h a 20 horas e, amais dos postos de todo tipo de artesanía, contará cun posto da Asociación Lenda de Redondela que atente ás familias e persoas con enfermidades mentais e que porá á venda distintos artigos realizados polas persoas usuarias do servizo «poñendo en valor o seu traballo e reforzando a labor que asociación vén realizando a prol da súa integración».

A realización da Feira, subliña a alcaldesa de Redondela, «pon un punto máis de atracción as nosas rúas e contribúe a dinamización do comercio local e da hostalaría que foron sectores que sufriron, en primeira persoa, a crise derivada da pandemia da Covid-19″.

Cada son máis as persoas que optan por agasallar artesanía e, dende esa perspectiva, a Feira de Redondela «permite que artesás e artesáns poidan dispoñer dun escaparate no que amosar o seu traballo e demostrar porqué a marca Artesanía de Galicia é unha garantía de calidade e ten cada día máis aceptación», conclúe Digna Rivas.

También te puede interesar