Galicia Vigo al minuto

Feijóo asegura reivindica en Vigo a inversión de 8 millóns en 62 vivendas protexidas

Anuncia outras 80 más en San Paio de Navia

Feijóo asegura reivindica en Vigo a inversión de 8 millóns en 62 vivendas protexidas

O presidente da Xunta asegurou ointe que o seu goberno investiu máis de 8 millóns de euros en Vigo para a
construción de 62 novas vivendas protexidas. Feijóo adiantou, ademaís, que contruiríanso 80 máis en San Paio de Navia, que iniciarán as súas obras en 2022.

Fíxoo durante o acto de entrega de 25 vivendas de promoción pública postas no barrio de Cambeses -ás que se suma unha máis, ata 26, cuxo adxudicatario non puido estar presente-. Feijóo explicou que estes pisos adxudícanse en réxime de aluguer con rendas sociais que non superarán os 153€ mensuais.

O presidente sinalou que esta promoción conta tamén con sete en réxime de compravenda e tres que se traspasarán ao Concello pola cesión dos terreos, ata un total de 36 inmobles. Así mesmo, avanzou que en xaneiro farase a entrega da outra promoción pública: 26 vivendas situadas no barrio de Chantada.

Así, explicou que os pisos contarán, como mínimo, con dous dormitorios, praza de garaxe, rochos e con habitacións
adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

80 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

O titular do Goberno galego anunciou ademais o inicio, en 2022, da construción de 80 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, lembrando que o proxecto íntegro desde ámbito permitirá, en conxunto, a construción dunhas 1.600 novas vivendas protexidas.

“É o maior proxecto de construción de vivenda nova de todo o noroeste de España. Serán 1.600 novas vivendas para poñer á disposición das xentes que viven en Vigo, e onde se van mobilizar 250 millóns de euros”, sinalou. Non obstante, precisou, está pendente de que o Concello aprobe os proxectos de urbanización do polígono.

También te puede interesar