Galicia

A vacinación dos galegos de entre 60 e 69 anos comezará o mércores 1 de decembro

A Xunta está preparada para vacinar con Pfzer a nenos de 5 a 11 anos

A vacinación dos galegos de entre 60 e 69 anos comezará o mércores 1 de decembro

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, confirmou hoxe en Lugo que a vacinación para os galegos de entre 60 e 69 anos comezará o vindeiro mércores, día 1 de decembro.

O conselleiro indicou que os puntos de vacinación masiva (no caso de Vigo o recinto ferial , Ifevi) qjue tiñan que pechar o día 30, seguirán abertos.

A inmunización deste colectivo comezará xusto despois de que remate o do aqueles que teñen entre 70 e 79 anos, que comezara o pasado 19 de novembro.

Nenos de entre 5 e 11 anos

A Xunta tamén está preparada para iniciar a vacinación dos nenos de entre 5 e 11 anos cumpridos, unha franxa de idade para a que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) vén de autorizar a vacina de Pfizer.

También te puede interesar