Galicia

Sanidade prorroga os contratos a 738 profesionais vinculados á pandemia da Covid

É unha medida necesaria á vista da actual situación sanitaria

Persoal sanitario COVID

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prorroga os contratos a 738 profesionais vinculados á loita contra a pandemia da COVID. Todos eles estarán vinculados á sanidade pública galega, cando menos, ata marzo de 2022, como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sanidade informa nunha nota enviada aos medios de comunicación, que a actual situación sanitaria actual fai necesaria a continuidade das medidas de contratación emprendidas para reforzar as unidades e dispositivos asistenciais máis vinculados á prevención, protección e seguimento da poboación galega contra o coronavirus”.

Moitos dos contratos acababan antes de fin de ano

A Xunta indica que “moitos dos contratos tiñan previsto a súa finalización antes de terminar este ano, vinculados á situación de emerxencia sanitaria”. En concreto son os de reforzo en Atención Primaria, Urxencias, hospitalización, UCI, cribados ou probas.

Sanidade a os sindicatos acordaron prorrogar tres meses máis estes contratos que afectan a 488 traballadores sanitarios. Deles 284 son da categoría de enfermeira; 155 de técnicos en coidados auxiliares de Enfermería; 55 de técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico; 9 de técnicos superiores en imaxe para o diagnóstico e 5 de enfermeiro.

Polo que se refire ao persoal non sanitario, son 135 traballadores: 56 de auxiliares da función administrativa; 55 de celador; 20 de persoal de servizos xerais e 4 de técnicos superiores en prevención de riscos laborais.

115 profesionais Enfermería

Na mesma liña, prorróganse seis meses máis os contratos de continuidade realizados a 115 profesionais de Enfermería, que tiñan unha duración inicial de 12 meses.

A prórroga dos contratos a 738 profesionais explícase polo “o obxectivo de dispor, en todo momento, dos recursos humanos suficientes para dar a adecuada resposta asistencial ante novos contaxios”.


También te puede interesar