Cultura Vigo al minuto

Un autobús turístico 100% eléctrico e 100% galego, de probas en Vigo

Ten 12 metros de lonxitude, dobre piso e unha capacidade de 78 prazas

Bus 100% eléctrico e 100% galego

Un autobús turístico 100% eléctrico fará probas en Vigo durante una semana. O mesmo modelo está circulando en Londres, París, Bruselas e Ámsterdam, e agora inicia na nosa cidade os primeiros rodamentos en España.

Este autobús, fabricado integramente en Ourense, é o modelo UNVI URBIS eDDOT – Electric Double Decker Open Top, da compañía galega UNVI.

78 prazas e un 20% menos de consumo que buses semellantes

O vehículo ten 12 metros de lonxitude, dobre piso e unha capacidade de 78 prazas para viaxeiros e 1 praza para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas.

Este modelo ten un consumo de enerxía 20% menor a outros vehículos eléctricos das mesmas características e está cargado con cargadores fabricados en España pola compañía Circontrol.

Para as probas non haberá pasaxeiros. O autobús percorrerá distintas zonas de Vigo e avaliarase se ten capacidade para prestar servizo na cidade.

También te puede interesar