Cultura Destacados

O Mar de Vigo aumenta a súa programación con espectáculos, maxia e monólogos

Carlos Latre, Estirando el Chicle ou Galicia Magic Fest, chegan á cidade

Mar de Vigo

O Auditorio Mar de Vigo engrosa a súa programación co regreso das Noites de Retranca a Vigo o 15 de xaneiro, e a visita de Carlos Latre os vindeiros 18 e 19 de marzo. Primeiramente, o espectáculo de comedia por excelencia cumpre doce anos repartindo humor, o noso humor, polos principais teatros e auditorios, e nesta ocasión, reunirá, por primeira vez, a tres mestres do humor Luis Zahera, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas.

E segundo, Carlos Latre, regresa, e ao grande, cun espectáculo único, repasando de maneira cómica, toda a actualidad do país: a política, sociedade, cultura, deporte, televisión, modas, tendencias, Internet, a pandemia e a Covid.

Descontos de ata o 40%

Desde o pasado sábado, coincidindo co acendido das luces de Nadal en Vigo, o Auditorio Mar de Vigo anticipou os días do Black Friday, e ata o día 27 de novembro ás 23.59 horas, o público poderá atoparse descontos, que van dun máximo dun 40% a un mínimo dun 20% na gran maioría dos espectáculos programados.

‘Estirando o chicle’

O Mar de Vigo achega propostas actuais e moi diferentes como ‘Estirando el chicle’, un show derivado de comedia escrito e presentado por Carolina Iglesias e Vitoria Martín, recentemente premiado cun Premio Ondas ao Mellor podcast. Semana a semana mal falan dun tema concreto (moda, amor, beleza…), comparten experiencias e anécdotas, fan crítica social, fáltanse ao respecto e cantan.

Desde a súa estrea o pasado mes de febreiro, ‘Estirando el chicle LIVE’ foi esgotando entradas polas cidades polas que pasaron, e en Vigo, para a súa actuación o 3 de decembro, colgaron o cartel de “Non quedan butacas libres” en menos de 24 horas.

Galicia Magic Fest

En decembro, e da man de Galicia Magic Fest, chega tamén do mago cómico máis exitoso do momento Jandro Descabellado. Un show diferente, divertido, orixinal, moderno e sorprendente. Sen trucos de cámara, sen colegas e sen pelo na cabeza. Tras gañar por cuarta vez consecutiva o premio máis prestixioso de maxia, o “Fool Us Trophy” en Las Vegas, chega a Vigo o 12 de decembro con novas maxias para sorprendernos.

Pedro Volta

Por outra banda, o 7 de xaneiro, Pedro Volta, acertará predicións imposibles cos espectadores: maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como ‘La Casa de Papel’, ‘Regreso al futuro’, ou ‘Mandalorian’. Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para non perder detalle da súa maxia.

O programa completo con todas as data de espectáculos, prezos e porcentaxes de desconto, pode consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e da billeteira www.teuticket.com.

También te puede interesar