Cultura Destacados

O Mar de Vigo aumenta a súa programación con espectáculos, maxia e monólogos

Carlos Latre, Estirando el Chicle ou Galicia Magic Fest, chegan á cidade

Mar de Vigo

O Auditorio Mar de Vigo engrosa a súa programación co regreso das Noites de Retranca a Vigo o 15 de xaneiro, e a visita de Carlos Latre os vindeiros 18 e 19 de marzo. Primeiramente, o espectáculo de comedia por excelencia cumpre doce anos repartindo humor, o noso humor, polos principais teatros e auditorios, e nesta ocasión, reunirá, por primeira vez, a tres mestres do humor Luis Zahera, Manuel Manquiña e Víctor Fábregas.

E segundo, Carlos Latre, regresa, e ao grande, cun espectáculo único, repasando de maneira cómica, toda a actualidad do país: a política, sociedade, cultura, deporte, televisión, modas, tendencias, Internet, a pandemia e a Covid.

Descontos de ata o 40%

Desde o pasado sábado, coincidindo co acendido das luces de Nadal en Vigo, o Auditorio Mar de Vigo anticipou os días do Black Friday, e ata o día 27 de novembro ás 23.59 horas, o público poderá atoparse descontos, que van dun máximo dun 40% a un mínimo dun 20% na gran maioría dos espectáculos programados.

‘Estirando o chicle’

O Mar de Vigo achega propostas actuais e moi diferentes como ‘Estirando el chicle’, un show derivado de comedia escrito e presentado por Carolina Iglesias e Vitoria Martín, recentemente premiado cun Premio Ondas ao Mellor podcast. Semana a semana mal falan dun tema concreto (moda, amor, beleza…), comparten experiencias e anécdotas, fan crítica social, fáltanse ao respecto e cantan.

Desde a súa estrea o pasado mes de febreiro, ‘Estirando el chicle LIVE’ foi esgotando entradas polas cidades polas que pasaron, e en Vigo, para a súa actuación o 3 de decembro, colgaron o cartel de «Non quedan butacas libres» en menos de 24 horas.

Galicia Magic Fest

En decembro, e da man de Galicia Magic Fest, chega tamén do mago cómico máis exitoso do momento Jandro Descabellado. Un show diferente, divertido, orixinal, moderno e sorprendente. Sen trucos de cámara, sen colegas e sen pelo na cabeza. Tras gañar por cuarta vez consecutiva o premio máis prestixioso de maxia, o «Fool Us Trophy» en Las Vegas, chega a Vigo o 12 de decembro con novas maxias para sorprendernos.

Pedro Volta

Por outra banda, o 7 de xaneiro, Pedro Volta, acertará predicións imposibles cos espectadores: maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como ‘La Casa de Papel’, ‘Regreso al futuro’, ou ‘Mandalorian’. Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para non perder detalle da súa maxia.

O programa completo con todas as data de espectáculos, prezos e porcentaxes de desconto, pode consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e da billeteira www.teuticket.com.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.