Galicia Vigo al minuto

Estrea en Vigo dun documental sobre a loita da veciñanza de Tameiga contra o ‘macro proxecto comercial’ do Celta

Este mércores 24 ás 19h no auditorio da ONCE

Veciños de Tameiga contra o macro centro comercial do Celta

Ecoloxistas en Acción presenta en Vigo, este mércores 24 ás 19h no auditorio da ONCE, o documental: «Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal’

O documental, producido por Ecoloxistas en Acción e realizado por Urco Produccións, narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga para defender o seu monte.

Cidade deportiva do Celta e centro comercial

A historia abrangue desde finais de decembro do anos 2017 cando Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, anunciaba o proxecto de cidade deportiva do Celta e macro centro comercial«coma un feito consumado ata a actualidade na que a Xustiza declarou ilegal a cidade deportiva e diferentes organismos públicos informaron desfavorablemente sobre os plans para construir o macro centro nos montes comunais de Tameiga».

A narración do longametraxe aborda a historia de xeito cronolóxico e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron o «pelotazo urbanístico» e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte. No documental rescatanse antigas imaxes das mobilizacions que misturanse coas entrevistas.

«Fouteza e tesón»

Coa realización desta testemuña audiovisual, «Ecoloxistas en Acción pretende destacar a exemplar loita pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga para que a súa fouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.