Destacados Vigo al minuto

Volve Ofeitoaman!

Dende este sábado, día 20, no Mercado de Nadal da Alameda de Vigo

Ofeitoaman cartel

Despois dun ano sen casetas de Ofeitoaman, a feira de artesanía volve a Vigo e o fai estrenando ubicación e datas. Estará na Praza de Compostela dende este sábado, día 20 de novembro, ata o 15 de xaneiro de 2022.

No Mercado de Nadal de Vigo

Ofeitoaman celebrarase dentro do Mercado de Nadal de Vigo, nun espazo diferenciado do resto dos postos de venda. Abrirase ó público o 20 de novembro e o seu horario será de 11 a 14h. e de 18 a 23h. e permanecerá pechado os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.

30 participantes

Nesta edición, a feira, organizada pola Asociación Galega de Artesáns (GA) – que conta co apoio do Concello, a Xunta e a Fundación Pública Artesanía de Galicia- terá 30 participantes, cinco deles cunha exposición temporal.

También te puede interesar