Comarcas

Baiona abre o prazo para o ‘Programa de Conciliación de Nadal’

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade

Baiona Conciliación Nadal

O Concello de Baiona, vén de abrir o prazo de presentación das solicitudes para participar no Programa de Conciliacion Nadal .

As persoas interesadas poden recoller as bases no rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h; descargalas do taboleiro de anuncios virtual da da páxina web do Concello ou solicitalas por e-mail no enderezo electrónico [email protected] .

O prazo para presentar as solicitudes remata o 26 de novembro ás 14:00 h .Desenvolverase no CPI Cova Terreña , e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos . Para máis información pódese contactar no teléfono 986/35 75 52 en horario de 8:30 a 14:30 h.

También te puede interesar